RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dobre compromiso esta semana para o Deportivo ABANCA

Unha vez selado o seu pase á gran final da Copa Galicia de Segunda División Nacional, o Deportivo ABANCA afronta unha semana cun dobre compromiso.

Mañá martes 23 de xaneiro ás 19:00 horas, o conxunto deportivista disputa un partido amigable en Abegondo ante a Selección Galega Sub-18.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a todo o seu cadro, ademais de a Alba Pérez, Antía e Jessi, do Deportivo ABANCA B. Pola súa banda, Teresa, Lía, Malena e María Corral xogarán co combinado galego.

A fin de semana volve a competición ligueira, coa visita do Deportivo ABANCA ao CD Femiastur no campo de La Toba (Avilés), o domingo 28 de xaneiro ás 12:00 horas, en partido correspondente á xornada 16ª no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Así pois, a planificación semanal é a seguinte:

Martes 23 de xaneiro
19:00: Deportivo ABANCA - Selección Galega Sub-18, en Abegondo (campo 5)

Mércores 24 de xaneiro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 25 de xaneiro
20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 26 de xaneiro
19:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 28 de xaneiro
12:00: CD Femiastur - Deportivo ABANCA, no campo de La Toba (Avilés)

O equipo branquiazul é líder do grupo 1º de Segunda División Nacional con 43 puntos, con 1 punto de diferenza sobre o Oviedo Moderno, que ten 42 puntos.

Final de Copa entre Deportivo ABANCA e Atlántida de Matamá

Deportivo ABANCA e Atlántida de Matamá disputarán a final da primeira edición da Copa Galicia de Segunda División Nacional, fixada para o vindeiro 8 de abril, en hora e escenario aínda por determinar.

O cadro coruñés superou en semifinais ao Victoria FC de Santiago e, pola súa banda, o equipo vigués ao Victoria CF da Coruña.

Os resultados do Deportivo ABANCA nesta competición foron os seguintes:

Primeira Fase
Deportivo ABANCA 7 (Peke -4-, Gaby -2- e Estefi) - Peluquería Mixta Friol 0
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Estefi -2-, Peke -2- e Sara)

Semifinal
Ida: Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA 4 (Peke, Kika, Oreiro e Nuria)
Volta: Deportivo ABANCA 10 (Estefi, Silvia Mérida, Lía, Jone, Patri, Peke, Gaby e Oreiro -3-) - Victoria FC 1