RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dobre empate do Dépor nos dous primeiros partidos da fase de LaLiga Genuine

O Deportivo Genuine disputou esta mañá en Sevilla os dous primeiros partidos da segunda fase da temporada de LaLiga Genuine Santander .

Os encontros xogáronse na Cidade Deportiva Luis del Sol do Real Betis Balompié, anfitrión desta terceira sede da segunda xornada. No primeiro deles ás 12:00 horas fronte ao Granada concluíu con empate a un gol. Xa pola tarde (19:00 horas) fronte ao Villarreal CF, o resultado para o equipo dirixido por Lucía Otero foi o mesmo: 1-1.

Dépor 1-1 Granada
1ª Parte 0-1
2ª Parte 1-0 (Álex Rey)
3ª Parte 0-0
4ª Parte 0-0

Dépor 1-1 Vilarreal
1ª Parte 0-2
2ª Parte 0-4 (Álex Rey -2-, Chema e Miguel)
3ª Parte 0-0
4ª Parte 0-0

Mañá á 12:00 horas, o conxunto branquiazul pechará a súa participación ante a UD Las Palmas e regresará á Coruña unha vez concluída a cerimonia de clausura.