RCD / NOVAS

Dobre representación deportivista no Torneo do Coruxo, este sábado no campo do Vao (Vigo)

20/06/2017 11:26

Dous equipos (Alevín A e Benxamín A) representarán ao RC Deportivo no Torneo que organiza o Coruxo FC no campo do Vao (Vigo) este sábado 24 de xuño.

Así, o Alevín A ten este calendario na Primeira Fase:

10:30: ALEVÍN A - PORTO
13:00: CORUXO - ALEVÍN A
16:00: ALEVÍN A - PORRIÑO

Os tres primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se xogan a continuación.

Pola súa banda, o Benxamín A competirá con estes horarios na Primeira Fase:

10:30: BENXAMÍN A - PORTO
12:00: CORUXO - BENXAMÍN A
15:00: BENXAMÍN A - PORRIÑO

Os tres primeiros clasificados pasan a cuartos de final, xa inmediatamente.