RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dobre vitoria do Dépor Genuine no arranque da liga de fútbol sala da FGDA

O Deportivo de LaLiga Genuine iniciou hoxe mércores 20 de febreiro a súa participación nunha nova edición da liga de fútbol sala da Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).

A localidade de Redondela acolleu a primeira xornada desta temporada. O Dépor Genuine sumou dúas vitorias nos dous partidos que tivo que disputar. Derrotou por 8-0 ao Aspavi e por 6-0 ao Xoán XXIII.

Os doce convocados ás ordes de Lucía Otero para esta xornada foron: Andrés Manuel Barbeito, Iván Bernárdez, Bárbara Flores, Alejandro Gómez, Jesús Máximo González, Roi González, Gabriel López, Álvaro López, David Miranda, Alejandro Agustín Pereira, Álex Rey e Víctor Vales.