RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dobrete decisivo de Mesfin para selar o triunfo do Cadete en Conxo

Dous decisivos goles de Mesfin selaron o triunfo (1-2) do Cadete no campo da Mercé ante o CD Conxo Santiago, nun rifado partido correspondente á 7ª xornada, penúltima, na Fase polo Título da División de Honra.

Con este resultado, o Cadete suma 20 puntos na segunda praza do subgrupo, a 3 puntos do RC Celta, líder con 23.

Cadete: Román, Diego Miranda, Hugo Torres, Adrián Vázquez, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noe, Mesfin, Manu Ferreiro e Pablo Parada. Tamén xogaron: Oreiro, Jaime Calviño, Juan Barros e Jorge García.

A próxima fin de semana toca un novo #ONOSODERBI, esta vez en Abegondo, entre os dous máximos aspirantes ao título galego. Tanto Dépor como Celta están xa clasificados para as semifinais.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada son os seguintes:

Cadete 2 (Noé -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)
Cadete 4 (Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero) - CD Conxo Santiago 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Jorge García)
RC Celta 3 - Cadete 1 (Dani Estévez)
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 2 (Mesfin -2-)