RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Dolorosa derrota do Deportivo ABANCA B no minuto 93

O Deportivo ABANCA B sufriu unha dolorosa derrota ante o Victoria CF (2-1) no minuto 93, despois de ter anteriormente un tiro ao pau de Noela e un man a man de Paula Monteagudo para incluso poderse levar os tres puntos en xogo.

Precisamente Paula Monteagudo foi a autora do único tanto deportivista neste partido correspondente á 12ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

Con este inxusto resultado, o Deportivo ABANCA B é quinto na táboa con 20 puntos.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Paula Novo, María Calvo, Ansede, Elena López 'Cusi', Uxía Cabada, Marta Rico, Laura Testa, Paula Monteagudo, Noela e Marta Méndez. Tamén xogaron: Carmen Carballada, Laura Otero e Trillo.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Umia CF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)