RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Domingo decisivo para os torneos de #ANOSACANTEIRA en Tánxer, Polonia, Torrelavega e Calamocha (Teruel)

#ANOSACANTEIRA vive unha intensa fin de semana de torneos amigables en diferentes puntos de España, Europa e África.

Após unha espectacular xornada de sábado, varios equipos encaran o tramo decisivo da competición mañá domingo:

En Tánxer (Marrocos), o San Tirso SD Infantil disputa (11:00 hora local, 12:00 na Península) a final da IBN Battuta Cup 2023 ante o Real Valladolid. Desta forma, porá o punto e final a un espectacular torneo.

En Polonia, o Fabril FC Benxamín xa está en semifinais da VII International Steel Cup. O seu rival ás 13:50 será o equipo sueco do IF Brommapojkarna.

En Torrelavega (Cantabria), Cadete (na foto principal da noticia) e Infantil xogan os oitavos de final ante SD Eibar (10:00) e Real Valladolid (11:45) respectivamente.

En Calamocha (Teruel), o Fabril FC Alevín conclúe ás 11.00 ante o Wakatake a Primeira Fase da Jamón Cup antes de chegar á parte final do torneo.

Ademais, o Alevín A pelexará co SL Benfica polo 7º posto en Ponte de Lima (Portugal) e o Benxamín A (na foto baixo estas liñas) pola 9ª praza en Vilagarcía co ED Xuventude de Oroso.

A maiores, tres equipos tiveron partido oficial esta semana.

Onte venres, o San Tirso SD Cadete acabou a temporada cunha derrota sen consecuencias (0-1) co Bergantiños CF.

O mércores 31, o Cadete, campión da División de Honra fai xa varias xornadas, xogou como locatario pero no campo do seu rival, o ED Val Miñor Nigrán, o último partido de liga adiantado ao fin de semana. O triunfo, intranscendente, foi branquiazul (2-1) con tantos de Xián e Nico Ruiz, co que o equipo deportivista conclúe a liga con 107 puntos no máis alto.

E o Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (1-4) ao SE Abellá SDEC na segunda semifinal da I edición da Copa da Coruña, a partido único e medirase o mércores 8 de xuño ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR na gran final ao Victoria CF B, vencedor da outra semifinal ante o Sporting Cambre.

O martes, ademais do partido do Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo correspondente ás semifinais do Torneo Delegación, o Infantil, que o pasado domingo se proclamou brillante vencedor da División de Honra ao derrotar ao RC Celta nunha heroica final, enfrontouse nun amigable en Abegondo á Selección do Camiño, nun partido a beneficio de ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas).

O resultado, que é o de menos, favoreceu á selección (5-6) após un bonito toma e daca.

A semana arrancou tamén o martes en Abegondo cun momento sinxelo pero especial nas carreiras branquiazuis de #ANOSACANTEIRA. A parede que precede á porta de saída do vestiario do fútbol formativo aos campos de Abegondo loce un mural no que figuran todos os canteiráns que, desde a posta en marcha da Cidade Deportiva en 2003, defenderon as nosas cores en categorías inferiores, do xuvenil para abaixo e chegaron a debutar en partido oficial co primeiro equipo branquiazul.

Desde que o fixesen Ian Mackay, Trilli e Noel a principio da temporada 21-22, o martes tocoulle a quenda a todos os Deportivistas que debutaron co primeiro equipo desde entón: Pablo Brea, Yeremay Hernández, Brais Val, Edu Sousa, Dani Barcia e fai quince días, David Mella.

Precisamente Ian Mackay manifestou que "cando me tocou a min foi algo importante porque é algo que queres desde pequeno: poder debutar co Dépor en partido oficial. Tardei bastante en poñela. Creo que son o máis veterano. Agora non lle dás importancia pero cando non esteas aquí ou cando te retires, vexas esa foto e vexas que cumpriches un soño que é defender este escudo para min é algo moi importante". Indicou que "os rapaces estaban moi emocionados. Déronse conta cando nos fixeron o corredor que hai moitos nenos que queren cumprir ese soño".

Finalmente, a orzanista Emma Gandoy foi convocada pola selección galega sub-15 para disputar a Fase Final Prata de Seleccións Autonómicas en Huelva do próximo 9 de xuño ao 11. O rival de Galicia en semifinais será Castela A Mancha o venres 9. A outra semifinal xogarana Canarias e a Comunidade Valenciana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa da Coruña, semifinais (mércores 31): SE ABELLÁ SDEC 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 4 (Uxía López, Noe Gómez, Macarena González e Carlota Rubio)

Categoría cadete
38ª xornada (última, mércores 31): CADETE 2 (Xián e Nico Ruiz) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

38ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE 0 - BERGANTIÑOS CF 1

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase, no campo de Vargas (Ponte Viesgo)
Venres 2 de xuño
AYRON CF 0 - CADETE 8 (José Rey -2-, Nico Ruiz, Xián -2-, Daniel, Carlos e Lucas)
Sábado 3 de xuño
SPORTING DE GIJÓN 2 - CADETE 0
CD PADURA 0 - CADETE 2 (Lucas e Xián)
CD GRUPO ANTOLÍN 0 - CADETE 9 (Daniel -3-, Rubén -2-, Towa -2- e Iker Gil -2-)
Domingo 4 de xuño
Oitavos de final
10:00: CADETE - SD EIBAR, en Tanos

Categoría infantil
Amigable (martes 30): INFANTIL 5 (Gael -2-, Iker Casuso, Borja e Roi) - SELECCIÓN DO CAMIÑO 6

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
INFANTIL 6 (Roi, Gael, Nico, Casuso -2- e Borja) - SD SOLARES 0
Sábado 3 de xuño
INFANTIL 4 (Casuso, Alberto -2- e Mateo) - OVIEDO VETUSTA 0
ALAVÉS 2 - INFANTIL 1 (Roi)
INFANTIL 1 (Trigo) - BASKAURI FE 0
Domingo 4 de xuño
Oitavos de final
11:45: INFANTIL - REAL VALLADOLID, en Tanos

IBN Battuta Cup 2023, en Tánxer (Marrocos)
Primeira Fase
Xoves 1 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio Cortizo, Daniel, Lucas Vázquez, Antón e Guille) - ROUBAIX 0
Venres 2 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 9 (Raúl -2-, Pablo Vara, Sergio Cortizo -4-, Javi Seoane e Antón) - WYDAD JUVENTUD TÁNGER 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 6 (Nikolay, José Quiroga, Pablo Vara, Raúl -2- e Álex Martínez) - DREAM ACADEMY FOOTBALL 1
Sábado 3 de xuño
Oitavos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Raúl, Nikolay, Nico Naveiras e Sergio Cortizo) - CS AJAX TÁNGER  0
Cuartos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Javi Seoane, Sergio Cortizo, Raúl e Nikolay) - IRT TÁNGER 0
Semifinal
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - AS FAR RABAT 0. A penaltis: 3-1
Domingo 4 de xuño
Final
11:00 (hora local, 12:00 na Península): SAN TIRSO SD INFANTIL - REAL VALLADOLID

Categoría alevín
Torneo Internacional Vila de Ponte de Lima, no Estadio Municipal do Cruzeiro
Primeira Fase (en horario local, unha hora máis en Galicia)
Venres 2 de xuño
VALENCIA CF 1 - ALEVÍN A 0
Sábado 3 de xuño
ALEVÍN A 4 (Mario González -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso) - FC VIZELA 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - FC PORTO 1
Clasificación do 5º ao 8º
ALEVÍN A 0 - PARMA CALCIO '1913' 2
Domingo 4 de xuño
11:40: ALEVÍN A - SL BENFICA

7ª edición da Jamón Cup, en Calamocha (Teruel)
Primeira Fase
Sábado 3 de xuño
LEVANTE UD 2 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Nacho Villanueva)
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Nacho Villanueva -2- e David Gómez -2-) - SD HUESCA 2
CF SAN JOSÉ 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (David Gómez, Nacho Villanueva e Martín López)
FABRIL FC ALEVÍN 7 (Álvaro Gómez -3-, Hugo Macedo, Iván Gil, Nacho Villanueva e Enzo Pose) - CF CALAMOCHA 0
Domingo 4 de xuño
11:00: WAKATAKE - FABRIL FC ALEVÍN, en Jumaya (campo 1)
Os dous primeiros pasan a cuartos de final e os restantes xogan, segundo clasificación, unha fase de consolación; todo iso a partir das 11:30 horas

Categoría benjamín
IX Torneo Cidade de Vilagarcía, no campo Manuel Jiménez e Estadio de Fontecarmoa
Primeira Fase
Sábado 3 de xuño
FC PORTO 1 - BENXAMÍN A (Miguel Candal -2-)
ATHLETIC CLUB 1 - BENXAMÍN A 0
BANSANDER 1 - BENXAMÍN A 0
RC CELTA 2 - BENXAMÍN A 0
BENXAMÍN A 2 (Alejandro Astray e Hugo Bujía) - ED VAL MIÑOR 0
Domingo 4 de xuño
Posición do 9° ao 10°
11:00: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO

Torneo Delegación, semifinal (martes 30): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - ED LUIS CALVO 2. A penaltis: 8-7

VII International Steel Cup, en Zakopane (Polonia)
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Antón Fernández) - KARPATY LWOW 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernánez e Mateo Songo'o) - ZALGIRIETIS WILNO 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Alberto Novo) - ZNICZ PRUSZKOW 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Enzo Fernández) - RAKOW CZESTOCHOWA 0
FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Leo Lorenzo -2-, Mateo Songo'o -2-, Breogán Díaz -2-, Enzo Fernández -2- e Yago Prieto) - UKS SOKOLIKI STARY SACZ 0
Sábado 3 de xuño
Fase Ouro
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Alberto Novo, Enzo Fernández e Leo Lorenzo) - DELTA WARSZAWA 0
MTK BUDAPEST FC 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Leo Lorenzo)
BARÇA ACADEMY 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o)
SLASK WROCLAW 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o)
URSUS WARSZAWA 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Leo Lorenzo -2- e Mateo Songo'o)
Domingo 4 de xuño
Semifinais
13:50: FABRIL FC BENXAMÍN - IF BROMMAPOJKARNA