RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Domingos Duarte: "Agora non é importante estar primeiro, segundo ou terceiro, senón estar aí"

Domingos Duarte cualificou o punto logrado polo Deportivo o pasado sábado en Las Palmas de Gran Canaria "como menos malo, tal e como foi o partido".

Confesa que xa de regreso ao vestiario celebrouse "ben; pero é un punto, nada máis".

Sobre este gol na última xogada do partido, o central portugués lembra que "nos tocou sufrir en Tenerife e agora tocounos marcar". "En todas as xornadas 2 ou 3 equipos marcan no noventa ou noventa e tantos", advirte.

Precisamente ese tanto foi froito dunha xogada de estratexia, que segundo o futbolista branquiazul "trabállase moito aquí. É unha vertente do partido moi importante para todos os equipos. Pódese decidir un partido por un balón parado. Mellor que se traballe".

Preguntado polos instantes de tensión vividos e saldados coas expulsións de dous técnicos do Dépor, Domingos conta que "foi unha xogada despois dunha falta miña. Tiña amarela e por iso me afastei do lugar".

Con 2 dianas xa na súa conta anotadora, non se considera un defensa goleador: "Non teño moito gol, pero este ano estouno facendo ben. A ver se consigo 2 ou 3 goles máis".

Nesta liga tan competitiva, o defensor deportivista asina a media inglesa, é dicir, gañar en casa e empatar fóra: "Asino o contrato xa. Perder é o peor. Se podes empatar fóra e non perder, é o mellor. Se ganas, moito mellor. Empatar é un mal menor".

Cre que o Oviedo, rival este sábado 10 de novembro en ABANCA-RIAZOR (20:30, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), é un equipo "complicado. Xa sabemos como son porque xogamos contra eles en pretemporada. Un equipo duro, que xoga ben tamén".

Aínda que sostén que o Dépor é o mesmo no seu estadio que lonxe da Coruña, no entanto apunta que en ABANCA-RIAZOR "hai un plus máis pola nosa xente, pola afección. Tentamos xogar fóra como xogamos en casa. Ao final estamos ao facer mellor en casa. Que siga así pero fóra hai que tentar facelo mellor".

Insiste en que a Segunda División española é "moi competitiva. Tes que estar ao teu mellor nivel para poder seguir aí arriba". "Sabía que era unha liga na que se xoga bo fútbol. Aquí en España xógase moi ben ao fútbol", apostila.

Recalca que a loita nos postos altos da táboa é "complicada. Hai moita xente aí arriba. Temos que centrarnos no que podemos controlar. Estamos aí desde o principio de liga. Agora non é importante estar de primeiro, segundo ou terceiro. O importante é estar aí. Estamos ben e hai que seguir así".

Non se considera líder no vestiario: "Vin para axudar ao equipo. Non son un líder. Todos temos o noso rol no equipo. Penso que estou a facer o meu ben. A ver se consigo seguir así e mellorar día a día".