RCD / NOVAS

Dominio sen premio do Deportivo ABANCA B en Cantabria ante o CD Oceja

25/01/2020 18:00

Empate (0-0) con sabor agridoce do Deportivo ABANCA B en Santillana del Mar (Cantabria) ante o CD Oceja.

As branquiazuis dominaron ao seu rival de principio a fin pero non puideron traducir en goles a súa superioridade.

Co resultado deste partido correspondente á 16ª xornada, o Deportivo ABANCA B é 3º na táboa do grupo 1º de Primeira Nacional, con 32 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Nuria, Sofía, Navia, Lara, Antía, Alba Suárez, Patri Díaz, Aroa e Patri López. Tamén xogaron: Carlota, Lucía, María Calvo e Ainhoa.

O vindeiro sábado 1 de febreiro (15:45) visita Abegondo o líder da categoría, o Viaxes InterRías FF.

Os resultados até a data do equipo que prepara Kevin Cabado son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez)
CDE Racing Féminas B 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa)
Deportivo ABANCA B 4 (Patri López, Carlota e Navia -2-) - Sporting de Gijón B 0
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri Díaz -2- e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0