RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Donato, sentimento branquiazul en apoio das mellores causas

Ao longo do ano a Fundación do Real Club Deportivo pon o seu gran de area en moitas causas sociais que merece a pena defender. Desde hai uns meses conta para iso cun gran embaixador, Donato, impulsor dos valores do Deportivismo entre todo tipo de colectivos, dentro e fóra de Galicia.

O veterano xogador mantivo recentemente un encontro coas escolas do Club Deportivo Boiro, acompañado polo presidente da entidade, Changui, outro coñecido exjugador branquiazul. Alí compartiu a súa experiencia no fútbol profesional e os seus primeiros pasos neste deporte ao que o seu pai lle enganchou desde moi pequeno.

Semanas antes, participou en Oroso nunha andaina solidaria en apoio ao traballo que realiza ASANOG, Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia, en colaboración co Concello da localidade. Unha pequena distancia, tan só 5 quilómetros, para unha gran causa á que se sumaron centenares de participantes.

Donato é ademais un embaixador de luxo de todas as accións e xornadas que se celebran en torno ao equipo do Deportivo de LaLiga Genuine Santander. Así, participou no Hospital San Rafael da Coruña no habitual acto de entrega de recoñecementos médicos e arroupou ao noso equipo en Tarragona, onde preto de 600 futbolistas competiron na primeira fin de semana da presente temporada -a terceira-, baixo a organización da Fundación LaLiga. Onte dirixiu a un dos equipos participantes no partido con medios de comunicación para celebrar o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Unha experiencia indescritible, na que o de menos é marcar goles, que enriquece a xogadores, corpo técnico e público asistente. Para Donato foi unha ocasión de lembrar ao seu tío materno, con síndrome de Down, con quen xogaba ao fútbol cando era neno.

Para todos, unha lección de vida, compañeirismo e superación. Valores deportivos e deportivistas en estado puro.