RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

DoubleTree by Hilton A Coruña, patrocinador de Miku e Héctor Hernández para a temporada 2021-2022

Miku e Héctor Hernández visitaron hoxe as instalacións do hotel DoubleTree by Hilton A Coruña (rúa Zalaeta, 12) para recibir as súas respectivas camisetas para esta temporada co patrocinio persoal que lucirán durante toda a campaña: o do primeiro hotel da cadea Hilton en Galicia.

O DoubleTree by Hilton A Coruña é unha das máis recentes e vangardistas incorporacións á oferta hostaleira da cidade, achegando o carácter internacional que os hoteis Hilton outorgan ás cidades do mundo nas que ofrecen os seus servizos. Un carácter cosmopolita con acento local da man de todas as persoas que forman parte do hotel e do restaurante do mesmo: Hünico, coa firma do cociñeiro coruñés Adrián Felípez. Unha oferta única e exclusiva na cidade da man de Hilton.

Ademais de na elástica de xogo, a firma patrocinadora tamén aparecerá nas aliñacións dos partidos oficiais, tanto en redes sociais como en vídeomarcadores, na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse varias actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén terán a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR.

Todos os detalles deste novo patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores de Os Nosos nesta temporada 2021-2022 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es