RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dous amigables esta semana para o Xuvenil A, con vistas á Copa do Rei

O Xuvenil A disputa esta semana dous amigables de preparación, de cara aos oitavos de final da Copa do Rei. Ambos os encontros serán na Cidade Deportiva de Abegondo, con entrada libre para os afeccionados.

O primeiro deles será hoxe mércores 25 de abril ante o Laracha de Terceira División, ás 19:00 no campo 5.

O segundo será un derbi ante o Celta, o sábado 28 de abril a partir das 11:30 tamén no campo 5.

O Athletic Club de Bilbao será o rival deportivista nos oitavos de final copeiros. A eliminatoria, a dobre partido, xogarase os días 13 de maio (12:00 horas) a ida en Abegondo; e o 20 de maio en Lezama.

O Xuvenil A accedeu á Copa do Rei como subcampión do grupo 1º da División de Honra.

O conxunto que prepara Rubén Coméndez acabou a competición regular con 68 puntos, con 21 partidos gañados, 5 empatados e 4 perdidos. Foi o equipo máis goleador, con 83 goles, e tamén o menos goleado: 22 tantos encaixados.

Pola súa banda, o Athletic Club foi campión do grupo 2º da División de Honra con 70 puntos, con 3 puntos de vantaxe sobre a Real Sociedad.

Os 'leóns' gañaron 22 partidos, empataron 4 e perderon 4. Anotaron 92 goles e encaixaron un total de 45.