RCD / NOVAS

Dous días de descanso para o Dépor, que regresa ao traballo o martes ás 10:30 en Abegondo

18/09/2021 22:03

Finalizado o partido ante o CD Badajoz en ABANCA-RIAZOR, Borja Jiménez concedeu dous días de descanso aos seus futbolistas: mañá domingo e o luns.

Así pois, o Dépor regresa aos adestramentos o martes 21 de setembro ás 10:30 en Abegondo para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Unionistas de Salamanca CF prevista para o domingo 26 de setembro ás 12:00 (Footters).