RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dous equipos, Alevín B e Benxamín B, representan ao Club no Torneo Concello de Cerceda

Alevín B e Benxamín B representan ao RC Deportivo este mércores 1 de maio, día festivo, na 13ª edición do Trofeo Concello de Cerceda, torneo que se disputa no Complexo Deportivo do Roxo.

O Alevín B quedou emparellado no grupo A con o Atlético Coruña Montañeros CF, Sporting Cambre e CD Obrero.

O calendario de partidos do conxunto deportivista, todos eles no campo 1, é o seguinte:

Primeira Fase
10:00: ALEVÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF
12:00: ALEVÍN B - SPORTING CAMBRE
15:00: ALEVÍN B - CD OBRERO

O primeiro de grupo accede a semifinais, que arrancan ás 17:00 horas.

Pola súa banda, o Benxamín B, no grupo C, terá como primeiros rivais ao San Tirso SD, Olímpico CF e Victoria CF.

O calendario de partidos do equipo branquiazul, no campo 2, é o seguinte:

Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN B - SAN TIRSO SD
13:00: BENXAMÍN B - OLÍMPICO CF
16:00: BENXAMÍN B - VICTORIA CF

O primeiro de grupo accede a semifinais, que arrincan ás 17:00 horas.

O Benxamín A, ao torneo do Laracha CF

O Benxamín A repite participación o mércores 1 de maio no torneo que organiza cada ano o Laracha CF no Municipal de Laracha, e que alcanza a súa 9ª edición.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo D co Oza Juvenil SD, Sporting Cambre e CD Boiro.

O calendario do Benxamín A é o seguinte:

Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - OZA JUVENIL (campo 1)
13:00: BENXAMÍN A - SPORTING CAMBRE (campo 1)
15:00: CD BOIRO - BENXAMÍN A (campo 1)

Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que arrincan ás 16:00 horas.

O Alevín A compite na AFE Mijas Cup (Málaga)

Pola súa banda, o Alevín A participa este mércores 1 de maio na 5ª edición da AFE Mijas Cup Escuela de Valores, competición que se desenvolve en Las Lagunas de Mijas (Málaga), organizado pola AFE (Asociación de Futbolistas Españoles) e o CP Mijas.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo B, co Málaga CF e o Real Betis.

O calendario de partidos, que dura cada un 12 minutos e disputaranse todos eles no campo 2, é o seguinte:

10:10: MÁLAGA - ALEVÍN A
12:50: ALEVÍN A - REAL BETIS

O primeiro de grupo pasa a semifinais, que arrancan ás 13:30; o segundo pelexará polos postos 5º ao 8º; e o terceiro, polas posicións do 9º ao 12º.