RCD / NOVAS

Dous equipos branquiazuis participan esta semana no Torneo Internacional Cidade da Coruña

17/06/2019 18:20

O Alevín B e o Benxamín B participan esta semana na 28ª edición do Torneo Internacional Cidade da Coruña, Trofeo Juan Manuel Iglesias Mato 'Palau', competición organizada polo Orillamar SD nos campos da Torre.

O primeiro deles en competir é o Benxamín B, o mércores 19 de xuño. EF Luis Calvo, Imperátor OAR e Orillamar SD A serán os seus primeiros rivais, con este calendario na Primeira Fase:

17:00: BENXAMÍN B - EF LUIS CALVO (campo 1.1)
17:30: BENXAMÍN B - IMPERÁTOR OAR (campo 2.2)
18:00: BENXAMÍN B - ORILLAMAR SD A (campo 3.2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 19:00 horas.

Pola súa banda, o Alevín B xoga o xoves 20 de xuño. O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co Orillamar SD B, EF Luis Calvo e Imperátor OAR.

O calendario de partidos do Alevín B na Primeira Fase é o seguinte:

17:00: ALEVÍN B - ORILLAMAR SD D (campo 1.1)
17:30: ALEVÍN B - EF LUIS CALVO (campo 2.2)
18:00: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR (campo 3.1)

Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 19:00 horas.