RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Cadete B e Alevín A, adiantan a mañá xoves os seus partidos ligueiros

Dous partidos da xornada de #ANOSACANTEIRA adiántanse a mañá xoves 9 de maio.

Con entrada gratuíta para os afeccionados, o Cadete B mídese na Cidade Deportiva ao ED Xuventude de Oroso. O choque arranca ás 19:00 horas coa terceira praza xa amarrada polo conxunto deportivista no grupo norte da Liga Galega.

E a escasos quilómetros, no campo do Monte de San Tirso, o Alevín A enfróntase ao San Tirso SD (19:00 horas) na penúltima xornada do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Na fin de semana destaca o partido do Deportivo ABANCA B, que se xoga o título en Vigo fronte ao Sárdoma CF B, o domingo 12 de maio ás 18:00 horas na última xornada de liga na Primeira Autonómica. As deportivistas avantaxan en 1 punto ao Viajes InterRías FF, que recibe á mesma hora no seu campo ao CP Alertanavia.

En Segunda División B, o Fabril disputa ante o CDA Navalcarnero o último partido desta temporada en Abegondo, este sábado 11 de maio ás 17:00. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva; para o público, a entrada custa 10 euros.

Compiten lonxe de Abegondo, ademais do citado Deportivo ABANCA B, o Xuvenil B, coa 3ª praza en xogo da Liga Nacional; e o Cadete A, subcampión xa da División de Honra. Ambos os choques serán o domingo 12 de maio no Municipal de Santa Isabel (12:00 e 10:00 horas respectivamente) fronte ao CD Conxo Santiago.

Finalmente, o partido do Benxamín B correspondente á 13ª xornada na Segunda Fase grupo 1º A Coruña xogarase o mércores 15 de maio en Santa María del Mar debido á participación do equipo branquiazul esta fin de semana na Kempen Cup de Alemaña.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
37ª xornada: FABRIL - CDA NAVALCARNERO, o sábado 11 de maio ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 18. AD Unión Adarve, 36 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 25 puntos; 20. Fabril, 21 puntos

Categoría feminina
30ª xornada, última: SÁRDOMA CF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de maio ás 18:00 nas Relfas (Vigo)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 80 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 79 puntos; 3. Umia CF, 68 puntos...

Categoría xuvenil
33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - XUVENIL B, o domingo 12 de maio ás 12:00 no Municipal de Santa Isabel (Santiago)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 71 puntos; 3. Xuvenil B, 64 puntos; 4. CD Conxo Santiago, 62 puntos; 5. Victoria CF, 57 puntos...

Categoría cadete
33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - CADETE A, o domingo 12 de maio ás 10:00 no Municipal de Santa Isabel (Santiago)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 88 puntos; 2. Cadete A, 81 puntos; 3. Ural CF, 64 puntos...

33ª xornada: CADETE B - ED XUVENTUDE DE OROSO, o xoves 9 de maio ás 19:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 77 puntos; 3. Cadete B, 68 puntos; 4. Racing Villalbés e Galicia Caranza, 54 puntos...

Categoría alevín
12ª xornada: ALEVÍN A - SAN TIRSO SD A, o xoves 9 de maio ás 19:00 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Victoria CF A, 33 puntos; 2. Ural CF A, 30 puntos; 3. Alevín A, 28 puntos; 4. CD Calasanz A, 25 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación final da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 58 puntos; 2. CD Calasanz A, 56 puntos; 3. Victoria CF A, 54 puntos...

13ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A - BENXAMÍN B, o mércores 15 de maio ás 18:15 en Santa María del Mar
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 36 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz C e Victoria CF B, 28 puntos...