RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Dous erros en defensa condenan ao Deportivo ABANCA B na súa visita ao PM Friol

Dous erros defensivos condenaron ao Deportivo ABANCA B na súa visita ao PM Friol (4-2), en partido correspondente á 8ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

Aínda así, as branquiazuis dispuxeron de oportunidades para sacar un mellor resultado da Reigosa, un campo onde as lucenses son poderosas, como o demostra o feito de que acaban de apear na primeira eliminatoria da Copa da Raíña, a partido único, ao CDF Osasuna (4-2).

Paula Monteagudo e Laura Otero foron as autoras dos goles deportivistas.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B queda con 11 puntos na zona media-alta da clasificación.

Deportivo ABANCA B: Martina, Paula Novo, Ansede, María Calvo, Eva Santamaría, Celia, Marta Rico, Carmen Carballada, Noela, Paula Monteagudo e Elena López 'Cusi'. Tamén xogaron: Laura Otero, Marta Méndez, Laura Testa e Trillo.

A próxima fin de semana o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Oviedo Moderno CF B.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)