RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dous futbolistas da Escola RC Deportivo incorpóranse a equipos da Nosa Canteira

Por primeira vez desde que se puxo en marcha o proxecto deportivo e formador da Escola RC Deportivo, dous dos futbolistas que complementan os seus adestramentos da man dos técnicos do Dépor, puideron dar o salto aos equipos de categorías formativas do Dépor. Trátase de Hugo Quintela Rodríguez (11/08/2013) e Hugo Luaces López (24/11/2012), que esta temporada uíronse ao Benxamín B e Benxamín A, respectivamente, procedentes da Escola RC Deportivo da Coruña en Alvedro e a Escola RC Deportivo de Caranza.

Hugo Quintela comezou a adestrar baixo a supervisión dos técnicos da #anosacanteira no curso 19/20, participando na quenda dos venres e continuou este ano 20/21 adestrando os mércores e venres antes de incorporarse a Abegondo. Coa apertura da Escola RC Deportivo en Caranza, Hugo Luaces comezou a adestrar tamén 2 horas semanais cos técnicos desprazados do RC Deportivo até as instalacións do Galicia de Caranza.

A expansión da Escola RC Deportivo e a presenza dos adestradores da canteira en diferentes lugares de Galicia tamén reforza o traballo formativo e de captación cos clubs conveniados de cada zona. A pesar de que a finalidade da actividade é fundamentalmente formativa e lúdica, o bo traballo e o talento dos participantes tense en conta, é avaliado ao finalizar cada trimestre e pode chegar tamén a supor un paso máis na súa formación futbolística como lles está tocando vivir a Hugo Quintela e Hugo Luaces.

As inscricións atópanse abertas para este novo curso que comezará a semana do 4 de outubro nas diferentes sedes. Pode consultarse toda a información e realizar o proceso de inscrición na seguinte ligazón: http://escola.rcdeportivo.es/

Para calquera dúbida ou consulta co proceso de inscrición é posible contactar coa organización na dirección de correo electrónico escola@rcdeportivo.es