RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dous goles do fabrilista Pedro dan o triunfo a Portugal sub-20

Foto: -www.fpf.pt -

O dianteiro do Fabril Pedro Correia finalizou hoxe domingo a concentración coa selección portuguesa sub-20 despois de disputar tres partidos amigables, todos eles en territorio luso.

Por este motivo, o canteirán branquiazul non estivo dispoñible para Sergio Pellicer na cita hoxe domingo do Fabril, en Abegondo ante o Las Palmas Atlético.

A última cita para Pedro nesta rolda de partidos foi ante Eslovaquia (2-1), hoxe domingo 18 no Estadio de Portimão.

O ariete fabrilista saltou ao campo no minuto 61 en substitución de Mickael Almeida con empate sen goles. A súa actuación foi decisiva, ao marcar os dous tantos de Portugal (minuto 72 e 79), definitivos para dobregar aos eslovacos, que recortaron diferenzas no 89.

O pasado venres 16, o combinado luso mediuse tamén a Eslovaquia no Estadio Municipal Bela Vista na localidade de Parchal.

Gañou tamén Portugal (3-1), esta vez con Pedro no banco. Daniel Bragança, Leandro Cardoso e Nuno Santo foron os goleadores portugueses.

No primeiro do tres amigables, Portugal recibiu o pasado xoves a Polonia no Estadio Algarve de Faro.

O canteirán deportivista foi titular no triunfo do seu equipo (2-0), con tantos de Elves Baldé na primeira metade e Leandro Cardoso na recta final do choque.

Carlos Fernández visita mañá luns a Francia coa selección española sub-21

O dianteiro do Deportivo Carlos Fernández está concentrado coa selección española sub-21 para 2 partidos amigables estes días.

Mañá luns 19, España visitará a Francia, nun encontro que se xogará no Estadio Michel D'Ornano en Caen (21:00 horas). Será a última cita do ano para a sub-21 española, que prepara así o Campionato de Europa do ano próximo.

O equipo dirixido por Luis de la Fuente mediuse en primeiro lugar o pasado mércores 14 de novembro (4-1) nas Gaunas (Logroño) a Dinamarca.

O ariete branquiazul entrou ao partido no minuto 67 en substitución de Dani Olmo.

Por este motivo, Carlos Fernández perdeuse o LXXIII Trofeo Teresa Herrera do pasado mércores no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Athletic Club; e non estará tampouco no partido de LaLiga 1|2|3 correspondente á 14ª xornada do Deportivo en Almería de mañá luns 19 de novembro (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).