RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dous partidos amigables hoxe venres para #ANOSACANTEIRA

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA teñen esta semana compromiso de pretemporada: Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete A.

Sen dúbida, o partido estrela é a visita do Fabril ao Pontevedra, hoxe venres 10 de agosto ás 20:30 horas en Pasarón. Será unha dura proba para os pupilos de Tito Ramallo de cara ao comezo de liga.

O filial branquiazul leva a estes futbolistas: Ricardo, Brea, Gaizka, Raúl González, One, Blas, Valín, Israel, Gandoy, Kanouté, Lucas, Boedo, Ortuño, May, Álex, Luismi, Villares, Adrián e Pedro.

O equipo co calendario máis cargado é o Xuvenil A, con cita en San Tirso (derrota o pasado mércores por 3-0), Cee (mañá sábado 11) e O Val (domingo 12).

No caso deste último compromiso, será con motivo do Torneo Sinde's Cup no campo de Sinde do Val (Narón). O Xuvenil A mídese ao Ural en semifinais (10:30). O gañador xogará a final (19:00) ante o vencedor da outra semifinal, que disputarán ás 12:00 o Racing de Ferrol e o Celta.

As entradas custan 6 euros (xornada de mañá e tarde) ou 4 euros (ou ben para a mañá ou ben para a tarde).

Finalmente estréase o Xuvenil B cun torneo en Monforte mañá sábado 11 de agosto. O seu primeiro rival (18:30) será o CD Calasancio, conxunto anfitrión.

Tamén debutará este verán o Cadete A hoxe venres cun partido fronte ao xuvenil A do Bergantiños. O partido será en Abegondo a partir das 18:00 horas.

O calendario de amigables, cos resultados dos partidos xogados, é o seguinte:

Segunda División B
PONTEVEDRA - FABRIL, venres 10 de agosto ás 20:30 en Pasarón (Pontevedra)

Categoría xuvenil
Xogado o pasado mércores: SAN TIRSO (Rexional Preferente) 3 - XUVENIL A 0
CEE (Segunda Autonómica) - XUVENIL A, sábado 11 de agosto ás 18:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)

3er Torneo Xuvenil Sinde's Cup no campo de Sinde (O Val)
Domingo 12 de agosto
Semifinal
10:30: XUVENIL A - URAL
O gañador xogará a final (19:00) fronte ao vencedor da outra semifinal (Racing de Ferrol ou Celta); e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (17:30 horas).

Torneo do CD Calasancio en Monforte
Sábado 11 de agosto
Semifinal
18:30: CD CALASANCIO - XUVENIL B
O gañador xogará a final (20:30) fronte ao vencedor da outra semifinal (Racing Villalbés ou Pabellón)

Categoría cadete
CADETE A - BERGANTIÑOS A (xuvenil), venres 10 de agosto ás 18:00 en Abegondo (campo 6)