RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dous partidos en Abegondo, Dépor ABANCA B e Xuvenil A, mañá sábado en #ANOSACANTEIRA

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen cita en Abegondo mañá sábado 26 de novembro.

O Dépor ABANCA B recibe ás 16:30 ao UD Llanera. As branquiazuis, consolidadas no liderado da Primeira Nacional, buscan a súa décima vitoria consecutiva en liga despois do empate sen goles na primeira xornada no campo do Victoria CF.

Kevin Cabado citou a estas futbolistas: Nuria Gómez, Reigosa, Paula Novo, María Calvo, Lucía Couto, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Uxía Cabada, Celia, Carmen Carballada, Laura Testa, Paula Monteagudo, Marta Rico, Tati, Noela e Laura Otero; ademais de Abril Pazos e Lucía Rivas, ambas as dúas cadetes do Orzán SD.

E ás 16:15, o Xuvenil A mídese aos Deportivo Roces. O equipo de Manuel Pablo está a 1 punto do líder, o RC Celta, na táboa da División de Honra.

Ademais dos alevíns e benjamines na Torre, o outro equipo que xoga en casa é o San Tirso SD Infantil, no Monte ante o Bergantiños CF (16:15).

Fóra compiten o San Tirso SD Cadete ante o Victoria CF (10:00, A Grela 1), o Orzán SD Cadete Feminino ante o Colegio Obradoiro (20:00, A Torre) nun partido da parte alta da clasificación da Liga Galega; e o Orzán SD Infantil Feminino en Arzúa (16:00 horas).

Xa o domingo, a visita do Fabril, líder da Tercera RFEF unha semana máis, ao Atlético Arteixo, ás 12:00 en Ponte dos Brozos, será un dos partidos atractivos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O choque é un novo derbi para os de Óscar Gilsanz posto que a semana pasada, o filial branquiazul tombou en Abegondo (3-2) ao Silva SD.

Tamén o domingo, o Xuvenil B e Cadete enfróntanse na Cidade Deportiva ao Pabellón Ourense CF (12:00) e ED Xuventude de Oroso (11:30) respectivamente. No equipo cadete é baixa segura José Rey, concentrado coa selección española sub-16 no Torneo Football Federations Cup en Alfaz del Pí (Alacante).

Fóra de casa o Infantil visita ao Arosa SC (12:00) e o Orzán SD Xuvenil Feminino xógase o liderado da Primeira Autonómica en Vigo ante o Sárdoma CF B (12:30). As viguesas, na cabeza, chegan ao choque 1 punto por diante das orzanistas.

Pechará a xornada da fin de semana en San Pedro de Visma o Orzán SD Cadete B Feminino (18:00), que se enfronta ao Silva SD na Segunda Autonómica.

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera RFEF
10ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL, o domingo 27 ás 12:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación: 1. Fabril, 21 puntos; 2. Racing Villalbés, 20 puntos; 3. Arosa SC e UD Ourense, 17 puntos... 9. Atlético Arteixo, 11 puntos...

Categoría feminina
11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UD LLANERA, o sábado 26 de novembro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 28 puntos; 2. Sporting de Gijón, 25 puntos; 3. Real Oviedo B e Victoria CF, 22 puntos... 13. UD Llanera, 10 puntos...

12ª xornada: SÁRDOMA CF B - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 27 de novembro ás 12:30 nas Relfas (Vigo)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 28 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Feminino, 27 puntos; 3. CD Lugo, 23 puntos...

8ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - SILVA SD, o domingo 27 de novembro ás 18:00 en San Pedro de Visma 2
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete B Feminino, 21 puntos; 2. Unión Campestre FC, 18 puntos; 3. Atlético San Pedro, 16 puntos; 4. Eirís SD, Silva SD e Orillamar SD, 14 puntos...

8ª xornada: COLEGIO OBRADOIRO - ORZÁN SD CADETE FEMININO, o sábado 26 de novembro ás 20:00 na Torre (campo 3)
Clasificación da Liga Galega Cadete, subgrupo A: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 18 puntos; 2. Victoria CF e Colegio Obradoiro, 15 puntos; 4. Silva SD, CF Noia e Bergantiños CF, 9 puntos...

7ª xornada: ARZÚA FCF - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o sábado 26 de novembro ás 16:00 no Viso (Arzúa)
Clasificación da Liga Galega Infantil, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 15 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino, 12 puntos; 3. UC Cee e SCD Milagrosa, 9 puntos... 7. Arzúa FCF, 0 puntos

Categoría xuvenil
12ª xornada: XUVENIL A - DEPORTIVO ROCES, o sábado 26 de novembro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 28 puntos; 2. Xuvenil A, 27 puntos; 3. Sporting de Gijón, 26 puntos; 4. Real Racing Club, 19 puntos... 8. Deportivo Roces, 15 puntos...

12ª xornada: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 27 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Pontevedra CF, 23 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 22 puntos; 4. CD Choco, 21 puntos; 5. Xuvenil B e Atlético Coruña Montañeros CF, 20 puntos; 7. ED Val Miñor Nigrán, 19 puntos; 8. CVC Valladares e Bergantiños CF, 17 puntos...

Categoría cadete
12ª xornada: CADETE - ED XUVENTUDE DE OROSO, o domingo 27 de novembro ás 11:30 en Abegondo

12ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 26 de novembro ás 10:00 na Grela 1

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 33 puntos; 2. RC Celta, 28 puntos... 8. ED Xuventude de Oroso, 17 puntos... 11. Victoria CF, 15 puntos... 15. San Tirso SD Cadete, 11 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: AROSA SC - INFANTIL, o domingo 27 de novembro ás 12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)

10ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - BERGANTIÑOS CF, o sábado 26 de novembro ás 10:15 no Monte (San Tirso)

Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 25 puntos; 2. RC Celta e ED Val Miñor Nigrán, 24 puntos; 4. Ural Español CF, 20 puntos... 7. Arosa SC, 16 puntos... 10. San Tirso SD Infantil, 9 puntos... 16. Bergantiños CF, 0 puntos

Categoría alevín
4ª xornada: ATLÉTICO CASTROS - ALEVÍN A, o sábado 26 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Atlético Coruña Montañeros CF e Alevín A, 9 puntos; 3. Orillamar SD A, Victoria CF e Ural Español CF, 6 puntos; 6. Atlético Castros, 4 puntos...

4ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 26 de novembro ás 11:45 en Iñás
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín e Atlético San Pedro, 9 puntos; 3. San Tirso SD, 7 puntos...

Categoría benxamín
4ª xornada: BENXAMÍN A - CF DEPORTIVO ORZÁN, o sábado 26 de novembro ás 9:30 na Torre (campo 3.1)

4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - OZA JUVENIL SD, o sábado 26 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 3.1)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 9 puntos; 2. CD Calasanz, Atlético Coruña Montañeros CF e Ural Español CF, 6 puntos... 7. Fabril FC Benxamín, 3 puntos; 8. Oza Juvenil SD e CF Deportivo Orzán, 0 puntos