RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dous triunfos na Ravenna Top Cup 2017, balance hoxe xoves en #ANOSACANTEIRA

Un equipo Infantil do Deportivo colleitou hoxe xoves dous novos triunfos na Ravenna Top Cup 2017. Os branquiazuis dobregaron ao Forlì FC (2-0) e ao Rhodense (1-0). Dous encontros mañá venres pola mañá poñerán o punto e final a esta Primeira Fase.

Por outra banda, dous partidos de liga de #ANOSACANTEIRA adiantáronse onte á fin de semana, ademais doutro o pasado martes. Son os do Cadete B (empate a un na 1ª xornada da Liga Galega, grupo 1º), Infantil A (triunfo por sete a cero na 1ª xornada da Liga Galega, grupo 1º) e Infantil B (vitoria en Arteixo por tres goles a cero, na 2ª xornada da Primeira Autonómica, grupo 1º) .

A causa é que o Infantil A do Deportivo desprázase á localidade rioxana de Arnedo para disputar o Torneo Arnedo Ciudad del Calzado; e o Infantil B do Dépor viaxa a Francia, á cidade de Redon, para competir na Rothon Cup 2017.

Arrancan tamén a liga a fin de semana, en Arteixo o Deportivo ABANCA B; e lonxe de Abegondo o Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra).

Finalmente, o Fabril recibe en Abegondo (domingo ás 19:00) ao Real Madrid Castilla na 4ª xornada de liga en Segunda División B e o Xuvenil A visita ao Real Oviedo o sábado 9 (14:00 horas), nun partido televisado en directo por Gol.

O calendario de partidos, cos resultados dos xogados hoxe xoves, é o seguinte:

Segunda División B
FABRIL - REAL MADRID CASTILLA, o domingo 10 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo 1)

Clasificación: ... 8. Racing de Ferrol, 5 puntos; 9. Real Madrid Castilla, Fuenlabrada e Fabril, 4 puntos; 12. Coruxo, 3 puntos...

Categoría feminina
Primeira División Feminina, 1ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ORZÁN, o domingo 10 de setembro ás 19:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 2ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o sábado 9 de setembro ás 14:00 en El Requexón (Oviedo)

Liga Nacional, 1ª xornada: BOIRO - XUVENIL B, o sábado 9 de setembro ás 17:00 en Vista Alegre (Boiro)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE A, o sábado 9 de setembro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)

Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: CADETE B 1 (Hugo Suárez) - XUVENTUDE DE OROSO 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: INFANTIL A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Quique, Roque e Trigo) - IMPERÁTOR 0

Trofeo Arnedo Ciudad del Calzado

Primeira Fase
Venres 8 de setembro
17:00: VILLARREAL - INFANTIL A
18:20: INFANTIL A - UNIÓ JABAC I TERRASSA

Os dous primeiros clasificados do grupo pasan a cuartos de final; mentres que o terceiro xogará unha Fase de Consolación.

Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - INFANTIL B 3 (Dani, Luis e Héctor)

Rhoton Cup 2017 en Redon (Francia)

Primeira Fase
Sábado 9 de setembro
10:40: INFANTIL B - GUINGAMP
12:20: STADE LAVALLOIS - INFANTIL B
14:20: ESTAC TROYES - INFANTIL B
16:00: INFANTIL B - VANNES
18:00: INFANTIL B - OGC NICE

Domingo 10 de setembro
10:20: INFANTIL B - RC STRASBOURG
12:00: FC LORIENT - INFANTIL B

Os dous primeiros clasificados acceden ás semifinais, que se xogan xa a continuación.

Ravenna Cup 2017, en Classe (vía Ravenna nº 120)
Primeira Fase
Mércores 6 de setembro
ALTINORDU 1 - INFANTIL 1 (Carlos)

Xoves 7 de setembro
INFANTIL 2 (Sierra e David Carreira) - FORLÌ FC 0
INFANTIL 1 (Barral) - RHODENSE 0

Venres 8 de setembro
10:00: SAN GIORGIO 1926 - INFANTIL
16:30: INFANTIL - JUVENTUS

A partir de aquí, a orde de clasificación determinará os emparellamentos na Fase Final, que se disputará o sábado 9 de setembro e domingo 10.