RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O cadro completou esta tarde unha xornada de 12 horas na Cidade Deportiva

O cadro do Deportivo completou esta tarde unha xornada de 12 horas na Cidade Deportiva. A diferenza doutras temporadas, o Club substituíu unha concentración fóra da Coruña por días case completos nas instalacións deportivistas.

O futbolista branquiazul chegou pola mañá a Abegondo pouco antes das 8:30 para o almorzo regulamentario nas instalacións habilitadas para tal fin; e marcharase pasadas as 20:30, iso si, cunhas horas de descanso ao mediodía no seu domicilio trala comida tamén na Cidade Deportiva.

Se pola mañá o adestramento foi longo e intenso, o da tarde seguiu o mesmo camiño, con máis de hora e media sobre o céspede.

Juan Antonio Anquela aperta aos seus futbolistas, consciente de que o arranque ligueiro está ao virar a esquina. As súas instrucións son constantes durante todas as tarefas.

Con só Diego Rolan á marxe, o técnico andaluz dispuxo após un quecemento dun exercicio táctico defensa-ataque e, para concluír, un partido a tres cuartas partes de campo.

Dúas esixentes horas de alta intensidade na primeira sesión do Dépor hoxe martes

O Deportivo métese de cheo na semana grande e última da pretemporada cunha esixente e longa sesión matinal en Abegondo, de dúas horas de duración.

Após un quecemento, Juan Antonio Anquela dividiu aos seus futbolistas en dous grupos. Mentres un realizaba un exercicio táctico no campo 2, o outro tiña programado un circuíto físico no campo 3 con finalizacións, dirixido polo preparador físico Marcos Marcén.

Fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final á sesión; tarefa na que non participou Koné, tal e como estaba programado polos Servizos Médicos.

Tan só Diego Rolan adestrouse fóra do grupo. Os demais integrantes do cadro están a disposición de Juan Antonio Anquela, a día de hoxe.

Mañá mércores agarda outra dura xornada para o primeiro equipo, con adestramento matinal (10:00 horas) e partido no campo de La Veigona en Luarca (19:00 horas) ante o Unionistas de Salamanca CF, co Trofeo Ramón Losada en xogo.