RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dúas novas peñas achegan ao deportivismo ás 200 agrupacións

As peñas A Do Cuñado e Estrela dos Castros inauguraranse mañá mércores e o xoves, respectivamente, achegando un pouco máis ao deportivismo á cifra de 200 agrupacións federadas.

Mañá mércores 18 de outubro, a partir das 20:00 horas, terá lugar a inauguración da Peña A Do Cuñado, con sede no Bar A Do Cuñado (Avenida Novo Mesoiro 5) e cuxo presidente é Manuel Val González.

Fernando Navarro e Alejandro Arribas serán os representantes do club, xunto ao Oficial de Enlace con la Afición (OEA) Juan Lagarda e á directora da Área Social do RC Deportivo Gelines Romero.

O xoves 19 de outubro producirase a posta de longo da Peña Estrela dos Castros, que nace na cervecería do mesmo nome (R/ Vales Villamarín 14) da capital herculina. O evento tamén arrancará ás 20:00 horas.

Neste caso, Sidnei e Luisinho serán os futbolistas que exercerán de padriños, acompañados igualmente polo OEA e á directora da Área Social, da agrupación presidida por Luis Calzón Dopazo.

Coa creación destas dúas novas peñas, a Federación alcanza as 184 agrupacións afiliadas.