RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dúas peñas branquiazuis serán inauguradas o sábado en Salamanca

Dúas agrupacións deportivistas, a Peña Meseta Branquiazul, presidida por Javier González García e a Peña Miróbriga de Cidade Rodrigo, presidida por Óscar Cedeira Rico, serán inauguradas oficialmente o vindeiro sábado, coincidindo coa visita do primeiro equipo a terras charras con motivo do partido da segunda eliminatoria da Copa do Rei ante Unionistas CF.

En activo desde hai máis dun ano, ambas as agrupacións recibirán a visita dunha representación do Club encabezada polo presidente Juan Antonio Armenteros. Xunto a el estarán o conselleiro Federico García Poncet e o presidente da Federación de Peñas, Luis Martínez.

Ambos os actos terán lugar o sábado 11 desde as 20:15 horas na sede a Peña Meseta Branquiazul na Helmantics Sports Tavern da rúa San Juan da Cruz 9, en Salamanca.