RCD / NOVAS

Dubarbier recibe a alta médica

06/12/2018 13:47

Ao finalizar a sesión desta mañá en Abegondo, Dubarbier recibiu a alta médica. Por conseguinte, o defensor arxentino está a disposición de Natxo González para o partido deste sábado 8 de decembro en ABANCA-RIAZOR ante o CD Numancia (13:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

Hoxe regresou ao adestramento de grupo Pedro Sánchez, aínda sen alta médica; e quedaron á marxe Fede Cartabia e David Simón, este con molestias nos isquiotibiais, pendente de evolución nas próximas horas.

O adestramento de mañá venres en Abegondo (11.00 horas) será clave para saber se tanto o lateral canario como Carlos Fernández poden entrar na lista para o choque ante os sorianos.

Podes consultar aquí o estado do cadro deportivista: