RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Dura derrota do Orzán SD Infantil Feminino ante o Victoria CF

O Orzán SD Infantil Feminino cultivou unha dura derrota (0-1) ante o Victoria CF en partido correspondente á 6ª xornada no subgrupo 1º da Liga Galega disputado no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma).

O partido resultou equilibrado e decidiuse cun gol no minuto 44 das blanquinegras.

Con este resultado, o cadro orzanista é segundo na táboa con 10 puntos.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Valentina Millón, Paula Martínez, Candela González, Emma Gandoy, Candela Fernández, Carmen Traba, Alexia Freire, Yanis Citoula, Sofía Rodríguez e Lola Nieto. Tamén xogaron: Alba Monteserín, Sofía Milhem, Sila Santiso, Valeria Montero e Irene Míguez.

En quince días, posto que non hai xornada de liga a semana próxima, o Orzán SD Infantil Feminino visita á SCD Pastoriza.

Os resultados até a data do Orzán SD Infantil Feminino son os seguintes:

Orzán SD Infantil Feminino 7 (Alba Monteserín, Sofía Rodríguez -2-, Alexia Freire, Irene Míguez e Lola Nieto -2-) - Xuventude de Crendes CF 1
Victoria FC 3 - Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez -2- e Lola Nieto)
Orzán SD Infantil Feminino 6 (Emma Gandoy -2-, Sofía Rodríguez, Valeria, Alba Monteserín e Marta Moreno) - ADC Obradoiro 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Infantil Feminino 9 (Noa Cardeñoso -2-, Sofía Rodríguez -2-, Alba Monteserín, Sila Santiso, Carmen Traba, Alexia Freire e unha futbolista rival en propia meta)
Orzán SD Infantil Feminino 0 - Victoria CF 1