RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dura mañá para os futbolistas que non actuaron de inicio ante o Oviedo

Os futbolistas que onte en ABANCA-RIAZOR non actuaron de inicio ante o Real Oviedo, ademais do meta xuvenil Alberto, tiveron esta mañá no campo 3 de Abegondo unha dura sesión de traballo.

Así, após un quecemento con fútbol-tenis, realizaron un exercicio de posesión, un traballo de forza con finalizacións e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Para a titulares fronte ao conxunto carbayón, após o quecemento tocou recuperación no ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Adestráronse á marxe Dubarbier e Pedro Sánchez. Álex Bergantiños, cun golpe nas costelas recibido onte, non saltou ao céspede.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o martes 13 de novembro ás 11:00 horas en Abegondo.