RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Duscher cre que o equipo pagou na Liga de Campións non estar ao cento por cento

Tamén Aldo Duscher compareceu ante os medios informativos hoxe luns en 'O Mundo do Fútbol'. O medio deportivista cualificou o encontro ante o Real Racing Club como de "trabado, ante un bo equipo de medio campo cara a adiante"..

O centrocampista do Dépor quere gañar pasadomañá ao Mónaco en Riazor, porque esa é a mellor maneira de afrontar o choque ante o Sevilla, "un rival moi duro que teremos o vindeiro domingo en Riazor". Prefire Duscher marcarse metas a curto prazo e cre que a causa de non clasificarse na liga de Campións foi "nosa actuación. Non estivemos en determinados momentos ao cento por cento e acabámolo pagando".