RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"É o partido máis importante do ano", di Schär de #ONOSODERBI

Fabian Schär confesou esta mañá en Abegondo, nada máis recoller o Premio ao Xogador Estrella do mes de novembro, que é coñecedor xa desde a súa chegada ao Dépor da importancia de #ONOSODERBI: "É o partido máis importante para a nosa afección, para ir contentos ás vacacións. Imos facer todo o posible para gañar".

Confesa que pola súa mente só pasa gañar o encontro: "Temos 90 minutos para dalo todo e temos que estar a pensar en que temos que gañar".

Preguntado por Iago Aspas, dianteiro celeste, o internacional suízo apunta que "é un gran xogador e un goleador. Pero na miña opinion non é o único xogador. O Celta ten un bo equipo, e ten outros grandes xogadores. Pero nós xogamos no Estadio ABANCA-RIAZOR e o que me importa é gañar".

Nesta liña, lembra que "xogamos bos partidos en casa, temos detrás á afección e queremos gañar este partido por eles e polo Club".

Explica que viviu outros derbis en Suíza e Alemaña: "Todos os derbis teñen algo diferente e estou moi ilusionado por xogar este partido e gañalo".