RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

ED Xuventude de Oroso e Cadete asinan táboas

O ED Xuventude de Oroso e o Cadete asinaron táboas (0-0) no campo Lino Balado de Oroso, en partido correspondente á 6ª xornada do subgrupo A da División de Honra.

A pesar deste empate, primeiro no que vai de liga dos branquiazuis, o Cadete mantense no liderado con 16 puntos, con 5 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o San Tirso SD con 11 puntos.

Cadete: Román, Diego Miranda, Pablo Parada, Oreiro, Lucas Taibo, Zoe, Guerrero, Dani Estévez, Jorge García, Manu Ferreiro e Juan Barros. Tamén xogaron: Jaime, Hugo Torres, Noe e David Carballo.

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao Victoria CF.

Os resultados do Cadete no subgrupo A da División de Honra son os seguintes:

Cadete 4 (Guerrero -2-, Jorge García e Zoe) - CD Calasanz 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete 9 (Manu Ferreiro -2-, Guerrero, Juan Barros -2-, Pablo Parada, Noe, Lucas Taibo e Oreiro)
Cadete 8 (Lucas Taibo, Guerrero -2-, Jorge García -2-, Diego Miranda e Jaime -2-) - Racing de Ferrol 0
Bergantiños CF 0 - Cadete 1 (Zoe)
Cadete 3 (Jorge García, Manu Ferreiro e Pablo Parada) - Ural Español CF 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete 0