RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Edu Expósito cre que a derrota en Alcorcón foi "un punto de inflexión"

Edu Expósito foi o protagonista esta tarde na sala de prensa de Abegondo. Asegura que o equipo encara a visita ao pechacancelas da categoría, o Córdoba CF, deste sábado 20 de outubro no Nuevo Arcángel (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), da mesma maneira que se fose calquera outro equipo: "con ambición de sacar os 3 puntos, que nós tamén nos estamos xogando moito. Non nos importa o que se xogue o rival. Importa o que nos xogamos nós, que é moito".

Cre respecto da posición na táboa do equipo cordobés que "a Segunda División é moi esixente. Se cadra agora están aí abaixo pero nuns partidos cambia a dinámica e soben para arriba".

Advirte que o Deportivo non ten présa por situarse nas posicións de ascenso directo: "Ao final o que acabe aí é o que ascenderá. Mentres o que fagas ata que termine non vale para nada por así dicilo. Esperemos que nas últimas xornadas esteamos aí arriba, xogando ben, facendo as cousas ben e sumando de 3 en 3".

Non se mostra sorprendido pola marcha do Málaga: "Ten moito nome e era lóxico que estea aí arriba".

Asismismo, recoñece que houbo un antes e un despois do partido en Alcorcón: "Foi un punto de inflexión esa derrota que nos doeu moito. O equipo está a facer as cousas ben. A por máis agora".

O canteirán asegura que a súa vida non cambiou após dar o salto ao primeiro equipo: "Agora estou nunha categoría máis alta, a esixencia é maior. Hai compañeiros que levan moito tempo de profesionais e hai que coller ese ritmo para poder estar á altura".

Subliña que ten marxe de mellora, pero "as cousas vanse collendo aos poucos. Con minutos, entrando aos poucos irei collendo o que falta. Fálase de ritmo, aos poucos hai que ir madurando cos minutos".

Parécenlle ben os eloxios que recibiu após ser titular ante o Elche CF pero advirte que "o partido xa terminou. Empeza unha semana nova de adestramentos apuntando ao sábado en Córdoba. É unha semana diferente. O que pasou xa non vale para nada. Conta hoxe que é o primeiro adestramento e a gañarme ese oco para poder estar aí en Córdoba".

É máis, insiste en que ante o conxunto ilicitano "foi un bo partido de todo o equipo. Dentro atopeime moi cómodo. Os compañeiros ao final axúdanche a xogar ben. Ao final saen as cousas e é bo para todos".