Edu Expósito e Francis, primeiros canteiráns citados para iniciar a pretemporada co primeiro equipo
O centrocampista Edu Expósito e a meta nixeriano Francis Odinaka Uzoho son os dous primeiros canteiráns que, a día de hoxe, están xa citados para iniciar a pretemporada co primeiro equipo.
Edu, titular indiscutible no Fabril, xa foi convocado a varios partidos a pasada liga, con Pepe Mel no banco, e debutou ante o Espanyol en Riazor o pasado 7 de maio.
Pola súa banda, Francis chegou a #ANOSACANTEIRA o pasado mes de xaneiro. Con ficha do Xuvenil B de Liga Nacional, xogou toda a temporada no Xuvenil A de División de Honra e mesmo participou en varios adestramentos co primeiro equipo.
O primeiro equipo do Deportivo regresa aos adestramentos o vindeiro mércores 5 de xullo en Abegondo.
Celso Borges, Fayçal Fajr, Florin Andone e Emre Çolak, os catro internacionais que tiveron partido coa súa selección este mes de maio e xuño, arrincarán unha semana máis tarde, o 12 de xullo.