RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Edu Expósito expresa o receo do vestiario ante un Oviedo "que sempre pon as cousas moi difíciles"

Edu Expósito cualificou esta mañá na sala de prensa de Abegondo ao Real Oviedo, rival do Dépor este sábado 10 de novembro en ABANCA-RIAZOR (20:30, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), como un equipo "moi duro, que sempre pon as cousas moi difíciles".

Xogar en casa, para o '21' branquiazul, fai que "o equipo senta moi cómodo. Tamén a afección axúdanos. Iso é importante e bo para o equipo e para min".

A nivel persoal, o centrocampista branquiazul, titular nos últimos partidos, confesa que sente "moi cómodo. As cousas están a saír ben e que sigan así".

Nesta liña, insiste en que "cada día me atopo mellor. Aínda faltan cousas. Pero estou a atoparme moi cómodo. Sempre me sentín como un máis no equipo", apostila.

Di non estar ansioso por marcar o seu primeiro gol, máis ben "tranquilo. Seguro que chegará".

Iso si, é consciente de que "todo hai que mellorar" no seu xogo. "Teño que seguir mellorando, seguir facendo o meu fútbol e seguir atopándome ben", engade.

Preguntado pola decisión do Comité de Competición de deixar sen efecto o segundo cartón amarelo que viu o dianteiro do Málaga CF Branco Leschuk en Pamplona a pasada fin de semana; ou da resolución do devandito Comité de castigar con só un partido de sanción tamén ao malagueño N'Diaye por ameazar a un rival, Edu Expósito opina que é "moi inxusto. Ao final nós non podemos facer nada. Non necesitamos que nos axude ninguén pero tampouco que nos prexudiquen".

O canteirán advirte que o vestiario fixo propósito de emenda coas expulsións por protestar ao árbitro: "Non podemos deixar ao equipo cun xogador menos".