RCD / NOVAS

Edu Expósito, xogador Estrela Galicia de decembro no Dépor

23/01/2019 14:02

O centrocampista catalán do Real Club Deportivo, Edu Expósito, recibiu hoxe o trofeo que o acredita como Xogador Estrella Galicia do mes de decembro, nos partidos disputados contra Rayo Majadahonda, Numancia, Zaragoza e Cádiz, a elección dos deportivistas.

1.546 seguidores participaron na votación que os afeccionados do Dépor realizaron en Twitter. Edu recibiu o 60% dos votos, por diante de Domingos Duarte (24%) e Borja Valle (16%). Estes candidatos foron elixidos os xornalistas que cobren a diario a información e os partidos do equipo.

O mediocentro deportivista agradeceu "a Estrella Galicia, aos medios de comunicación e sobre todo aos afeccionados os votos esperando seguir conseguindo este tipo de recoñecementos de que o equipo funciona, de que o equipo vai ben, porque aínda que o premio é individual, o que importa é o colectivo para estar o máis arriba posible e conseguir o obxectivo". Edu recibiu o trofeo na Cidade Deportiva de Abegondo de mans da xerente da Granera, Sandra Pérez. Pola súa banda Edu entregou a camiseta do equipo para que luza no establecemento do hostaleiro do mes, situado na praza da Fábrica de Tabacos.

Edu Expósito é o cuarto Xogador Estrela Galicia da temporada, após Dani Giménez, Carlos Fernández e Quique González, gañadores dos meses de novembro, outubro e setembro, respectivamente.

Máis novas de: EDU EXPÓSITO