RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Eficiente partido do Alevín A ante o CF Deportivo Orzán

O Alevín A asinou un eficaz encontro (0-12) ante o CF Deportivo Orzán, correspondente á 9ª xornada, última da primeira volta, no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

Mario González -4-, Íker Obeso -3-, Javi Barral -2-, Thiago Montes -2- e Yael López foron os goleadores branquiazuis.

Co resultado deste encontro, o equipo de Alberto Suárez suma 27 puntos á fronte da táboa, con 5 puntos de vantaxe sobre o Atlético Coruña Montañeros CF, segundo clasificado.

Alevín A: Brais Taín, Daniel Alonso, Hugo Caridad, Nico Torres, Manu Alcázar, Javi Barral, Íker Obeso e Yael López. Tamén xogaron: Antón Vilariño, Mario González, Sergio Infante, Thiago Montes, Mateo Varela e David Ramos.

A próxima fin de semana, o Alevín A arrinca a segunda volta co Imperator OAR.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes até a data:

Alevín A 8 (Mario González -3-, Leo Sánchez -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso) - Imperátor OAR 0
Oza Juvenil SD 0 - Alevín A 8 (Antón Vilariño -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Yael López, Sergio Infante e Daniel Alonso)
Alevín A 3 (Iker Obeso -2- e Manu Alcázar) - Ural Español CF 1
Atlético Castros 0 - Alevín A 8 (Iker Obeso -4-, Yael López -2-, Thiago Montes e Mario González)
Alevín A 3 (Nico Torres, Thiago Montes e Mario González) - CD Calasanz 0
Orillamar SD A 0 - Alevín A 6 (Mario González -3-, Sergio Infante, Iker Obeso e Nico Torres)
Victoria CF 0 - Alevín A 4 (Javi Barral -2-, Iker Obeso e Leo Sánchez)
Alevín A 4 (Thiago Montes -2-, Obeso e Nico Torres) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
CF Deportivo Orzán 0 - Alevín A 12 (Mario González -4-, Íker Obeso -3-, Javi Barral -2-, Thiago Montes -2- e Yael López)