RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Elitim aposta o domingo por tentar "ser o mesmo Deportivo que somos en ABANCA-RIAZOR"

Juergen Elitim pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo, minutos antes de arrancar a sesión diaria de adestramentos do primeiro equipo masculino.

O mediocentro deportivista advirte que o partido deste domingo 23 de xaneiro en Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid (12:00 horas, Footters) será "complicado como todos na categoría. Vai ser un rival que nos vai a esixir. Este partido ten a particularidade do céspede artificial. Tentaremos ser nós mesmos, dominadores a partir da pelota e tentar facer o que vimos facendo durante toda a liga en ABANCA-RIAZOR e fóra do noso campo".

É consciente de que o Municipal de Villaviciosa de Odón "é un campo diferente, pero nós afrontámolo como sempre. Non cambiaremos nada, tentaremos seguir sendo nós mesmos e facendo o que vimos facendo durante toda a liga estaremos máis preto de conseguir os tres puntos. Si é certo que cambian medidas, que cambia superficie, pero tentaremos adaptarnos canto antes para poder gañar".

Non ve semellanzas o que lle espera ao Dépor este domingo coa derrota sufrida en Salamanca, no Estadio Reina Sofía ante Unionistas CF, tamén sobre céspede artificial: "Non ten nada que ver. Foi un partido totalmente diferente. Tampouco estamos en plan de poñer escusa pola superficie. Será para os dous equipos e nós iremos alí a tentar gañar. Non teremos a escusa da superficie, nin de dimensións nin de ningún aspecto. Tentaremos ser o mesmo Deportivo que somos aquí en ABANCA-RIAZOR: partir desde a pelota, realizar un bo traballo defensivo e tentar sumar da tres", insiste.

A piques de arrancar un maratón de tres partidos en sete días coas visitas ao DUX (domingo 23) e Zamora CF (mércores 26); e o choque ante o Real Racing Club en ABANCA-RIAZOR (domingo 30), o futbolista colombiano asegura que "o equipo está bastante preparado. Temos un cadro bastante amplo, con grandísimos xogadores. A quen lle toque afrontar os distintos partidos farao de maneira excelente. Pero agora centrámonos máis que todo no domingo. Xa virá o de logo e agora a nosa cabeza está posta no DUX".

De regreso o pasado sábado a Ponferrada con motivo dun partido fronte á SD Ponferradina, un dos seus ex equipos, Elitim conta que "xogamos ese amigable para cubrir esa semana libre e un pouco estraña que tivemos e por sorte deuse bastante ben. Para min sempre é unha felicidade e moi grato volver a Ponferrada. O equipo estivo bastante cómodo, puidemos levar bastante ben o amigable, acabamos con vitoria, que era o que queriamos e contento polo reencontro cos meus compañeiros, co ex corpo técnico que tiña alí e desexarlles o mellor á 'Ponfe'".

Precisamente explica que o Dépor tomouse a pasada semana sen liga "para preparar o que vén. Sabemos que vén unha semana cargada, un final de xaneiro importante para nós, cargado de partidos. E estamos preparados para iso. En canto a calendarios e demais temos que afacernos e adaptarnos".

Na Coruña confesa estar "cómodo, feliz. O noso día a día é bastante bo. Síntome un privilexiado e orgulloso de estar acá. Estou feliz até o momento e tentando achegar o gran de area como todos os compañeiros. Até agora estase dando bastante ben todo, está a saír unha boa temporada e agora iremos pola segunda volta".