RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Empate agridoce do Fabril en Pontevedra

Empate agridoce para o Fabril en Pasarón ante o Pontevedra (2-2), en partido correspondente á 12ª xornada no grupo 1º da Segunda División B.

Os fabrilistas saltaron ao campo enchufados e puxéronse pronto en vantaxe grazas a un gran disparo de Montiel aos 13 minutos. Villares, na recta final desta primeira metade, facía o segundo que facía xustiza á superioridade do Fabril.

Tralo descanso, a decoración do partido cambiou. Nun céspede moi embarrado pola persistente choiva, o Pontevedra deu un paso á fronte e saíu decidido á remontada, sobre todo con fútbol directo e coraxe.

O ex deportivista Romay no minuto 66 e Berrocal 3 minutos máis tarde igualaban o partido. Eran os peores minutos do Fabril, que perdeu de vista a portería local defendida por Edu, outro ex canteirán de Abegondo.

Cando todo parecía indicar unha remontada do Pontevedra, o Fabril logrou refacerse e polo menos amarrar 1 punto que hai que facer bo o vindeiro domingo 18 de novembro en Abegondo (12:00 horas) fronte ao Las Palmas Atlético.

Así pois, o filial deportivista queda con 8 puntos na 19ª posición, a 4 puntos do posto de promoción de descenso, que ocupa agora o CDA Navalcarnero, 16º con 12 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Lucas, Quique Fornos, One, Carlos López, Víctor, Gandoy, Uxío, Montiel e Villares. Tamén xogaron: Javi Cobo, Juanje e Adrián.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)