RCD / NOVAS

Empate con sabor a vitoria do Deportivo ABANCA B no campo do Viajes InterRías FF

09/12/2018 14:16

Primeiro e segundo clasificado da Primeira Autonómica Feminina, Deportivo ABANCA B e Viaxes InterRías FF, víronse as caras en Sanxenxo nun partido correspondente á 14ª xornada, que pode marcar o devir da competición.

Os dous equipos presentábanse ao choque separados por 4 puntos: 39 as deportivistas por 35 as pontevedresas.

Comezou mellor o Viaxes InterRías FF, que se adiantou con dous goles. Pero o Deportivo ABANCA B sacou a caste de líder e gran favorito ao título e, grazas aos tantos de Antía e Patri López, igualou o marcador ao definitivo 2-2.

Ao final, ás pupilas de Kevin Cabado faltoulles até tempo para conseguir os 3 puntos ante un rival que quedou con 9 xogadoras por expulsión merecida de 2 das súas futbolistas.

Con este resultado, as branquiazuis seguen líderes da categoría con 40 puntos por 36 do Viaxes InterRías FF; é dicir, mantense a diferenza de 4 puntos na cabeza da táboa entre ambos os conxuntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Alba Martínez, Sofía, Rivas, Lara, Antía, Patri López, Sara, Alba Suárez, Carlota e María Calvo. Tamén xogaron: Anita, Andrea, Bermúdez, Ainhoa e Lucía.

A próxima semana non hai competición debido aos compromisos das seleccións territoriais. En 15 días visitará Abegondo o Sárdoma CF B.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán 1
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)
Deportivo ABANCA B 3 (Antía, Alba Suárez e Alba Martínez) - UD Mos 1
SD Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara)
Deportivo ABANCA B 8 (Lucía -3-, Antía -2-, María Calvo, Carlota e Rivas) - SCD Milagrosa 0
Victoria FC B 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez -2-, Sara Piñeiro e Alba Martínez)
Deportivo ABANCA B 12 (Patri López -4-, Lucía -2-, Alba Suárez -2-, Rivas, Sara Piñeiro, Alba Martínez e Lara) - CF Deportivo Orzán 0
Victoria CF B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (María Calvo, Alba Suárez, Alba Martínez e Patri López)
Deportivo ABANCA B 6 (Michelle Clemente, Sara, Antía, Carlota, Alba Suárez e Alba Martínez) - SCD Pastoriza 0
Deportivo ABANCA B 6 (Alba Suárez -2-, Carlota, Antía, Lara e María Calvo) - CP Alertanavia 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Antía e Patri López)