RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Empate con sabor a vitoria do Infantil en Conxo

O Infantil sumou un valioso punto (2-2) na súa visita ao CD Conxo Santiago, en partido correspondente á 5ª xornada na Segunda Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte.

Con dous puntos de vantaxe na táboa sobre os santiagueses presentábanse os deportivistas no campo da Merced de Conxo. Aveciñábase pois un partido dos máis esixentes para o Infantil. E así foi.

O partido púxose costa arriba para os branquiazuis xa desde o minuto 4 co primeiro tanto do equipo santiagués, que aumentaría a súa renda no minuto 42.

Á heroica lanzáronse os pupilos de Alberto Suárez sobre a meta local e lograron, cos tantos de Janusz e Iker Fernández, unha igualada con sabor a vitoria.

Con este resultado, o Infantil segue á fronte do subgrupo con 18 puntos por 16 do seu inmediato perseguidor, o CD Conxo Santiago.

Infantil: Rodrigo, Guille, Janusz, Yago, Íker Fernández, Abel, Leandro, Mosquera, Íker Casuso, Rubén e Hugo. Tamén xogaron: Xabi Campos, Frank, Marcos e Borja.

Este sábado 7 de abril ás 11:30, o Infantil recibe en Abegondo ao Bergantiños CF.

Os resultados do Infantil nesta fase son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz)
Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0
Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-)
Infantil 7 (Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo) - Cidade de Ribeira CF 2
CD Conxo Santiago 2 - Infantil 2 (Janusz e Iker Fernández)