RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Empate con sabor agridoce do Deportivo ABANCA B ante o pechacancelas O Val

A falta de puntaría nunhas ocasións e a mala fortuna noutras impediu o triunfo do Deportivo ABANCA B fronte a O Val, o pechacancelas da Primeira División Feminina (0-0).

O empate sabe pois agridoce, posto que por oportunidades o conxunto deportivista mereceu mesmo golear ao seu rival.

Con este resultado na 10ª xornada, o Deportivo ABANCA B suma 20 puntos e instálase no grupo de cabeza.

Deportivo ABANCA B: Jessi, Noe, Alba Martínez, Alba Pérez, Mar, Sofía, Sara Piñeiro, Ari, Lara, Alba Suárez e Vero. Tamén xogaron: Lidia, Sara Iglesias e Ainhoa.

A vindeira fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao UD Mos.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0