RCD / NOVAS

Empate do Fabril, que fixo méritos para quedar cos 3 puntos ante o Coruxo

17/03/2019 19:20

O Fabril empatou en Abegondo (1-1) ante o Coruxo FC un partido no que quizais mereceu o triunfo, dada a superioridade fabrilista, sobre todo na segunda metade.

Adiantouse aos 20 minutos o equipo vigués, practicamente no seu primeiro achegamento á portería de Álex Cobo. Comezara o filial deportivista moi ben o partido, chegando con claridade á área rival.

Este primeiro gol descolocou aos branquiazuis, que perderon uns minutos o mando do partido.

Após o descanso, o Fabril envorcouse en busca da igualada. Logrouna Abeledo con toda xustiza no minuto 68 e puido amarrar os 3 puntos, pero faltou fortuna e acerto nos metros finais ante un rival que se defendeu como puido no seu propio campo.

Co marcador deste partido correspondente á 29ª xornada, o Fabril suma 19 puntos na 20ª posición do grupo 1º da Segunda División B.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Quique Fornos, Segado, One, Javi Cobo, May, Bicho, Uxío, Montiel e Abeledo. Tamén xogaron: Víctor, Juanje e Boedo.

O vindeiro domingo 24 de marzo toca unha nova final pola salvación para o Fabril, ás 17:00 en Bouzas ante o Rápido.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - RC Celta B 1
CF Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Uxío) - CyD Leonesa 2
CDA Navalcarnero 2 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Real Valladolid B 1
Fabril 0 - Internacional de Madrid 1
RC Celta B 2 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Fuenlabrada 1
SD Ponferradina 3 - Fabril 0
Fabril 2 (May e Montiel) - Burgos CF 0
CF Salmantino 0 - Fabril 0
Fabril 0 - CD Guijuelo 1
AD Unión Adarve 1 - Fabril 0
UD San Sebastián de los Reyes 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Abeledo) - Coruxo FC 1