RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Empate entre Venezuela e Paraguai coa participación das 3 xogadoras do Dépor ABANCA

- Foto: @FVF_Oficial -

O tres xogadoras venezolanas do Deportivo ABANCA, Kika Moreno, Gaby García e Michelle Romero, están convocadas polo seleccionador absoluto do seu país, José Catoya, para disputar dous encontros ante o combinado nacional de Paraguai neste parón ligueiro na Primera Iberdrola. Ambos son no Centro Nacional de Alto Rendemento de Fútbol Feminino Evelio Hernández na localidade de San Felipe, no Estado Yaracuy

O primeiro deles foi hoxe venres 4 de outubro; e o segundo será o martes 8 (17:00 hora local, 22:00 horas na Coruña).

Hoxe, Gaby e Michelle Romero foron titulares no empate a 1 gol co que acabou o choque. Pola súa banda, Kika, que comezou no banco, relevou a Gaby no minuto 69.

O partido estivo marcado pola expulsión por dobre amarela da venezolana María Rodríguez no minuto 29 de partido.

Esta convocatoria non afecta a ningún encontro do Deportivo ABANCA ao ser datas FIFA. O equipo branquiazul, trala histórica vitoria en Lezama do pasado domingo ante o Athletic Club, na que Gaby ademais anotou un dos tantos, recibirá a continuación en Abegondo ao Rayo Vallecano o sábado 12 de outubro ás 18:00 horas.