RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Empate sen goles no Couto entre o Ourense CF e o Fabril

Foto: - @Ourense_CF -


O Fabril visitou hoxe martes 12 de outubro, día festivo, ao Ourense CF en xornada ligueira intersemanal. O encontro, correspondente á 6ª xornada, disputouse no Couto e concluíu con empate sen goles (0-0).

Na primeira parte foi mellor o equipo local, que tivo algunha que outra ocasión para marcar. Alberto erixiuse nun dos protagonistas polas súas boas intervencións. Víctor protagonizou a máis clara do Fabril en 45 minutos que acabaron sen goles.

Após o paso polos vestiarios, mellorou o equipo deportivista, que puido abrir o marcador grazas principalmente a Yeremay. O canario, que se adestra diariamente con Borja Jiménez no primeiro equipo, tivo dúas boas oportunidades e foille anulado un gol por fóra de xogo.

Con este resultado, os fabrilistas suman once puntos na zona alta da clasificación.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, Dani Barcia, David Suárez, Juan Rodríguez, Barba, Brais Val, Víctor, Nájera, Yeremay e Juan Cambón. Tamén xogaron: Mella, Javi Sanmartín, Runy, Davo e Fabio.

Esta próxima fin de semana toca descanso para o conxunto que prepara Óscar Gilsanz.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0