RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Emre Çolak foi titular no triunfo de Turquía ante Moldavia

- Foto: Türkiye Futbol Federasyonu -

Emre Çolak, nun gran momento de xogo no Dépor, foi citado por Turquía para dous partidos internacionais neste parón ligueiro.

O segundo choque de Turquía foi amigable, con Moldavia como rival, hoxe luns 27 de marzo, no New Eskisehir Stadium da cidade de Eskisehir. O centrocampista branquiazul foi titular no triunfo turco (3-1). Foi substituído no minuto 69 por K. Ayhan.

O primeiro dos partidos foi o pasado venres 24 de marzo ante Finlandia no Antalya Area da localidade turca de Antalya, neste caso clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. Gañou Turquía (2-0). Neste caso, Emre Çolak non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Celso Borges xoga mañá en Honduras

Celso Borges foi convocado pola súa selección nacional, Costa Rica, para dous partidos oficiais, correspondentes á eliminatoria pola zona CONCACAF para o Mundial de Rusia 2018.

Mañá martes 28, Costa Rica xogará ante Honduras no Estadio Francisco Morazán de San Pedro Sula. O choque arrincará ás 15:00 (hora local).

O pasado venres 24 de marzo (madrugada do sábado en España), Costa Rica caeu (2-0) ante México, no Estadio Azteca de Cidade de México. O mediocentro deportivista disputou o noventa minutos dun partido que quedou sentenciado practicamente na primeira metade.

Fayçal, ante Tunes

Fayçal Fajr, que tivo unha destacada actuación na última edición da Copa de África, está concentrado con Marrocos para dous partidos amigables.

Mañá martes o atacante deportivista mídese a Tunes (19:00, hora local) no Gran Estadio de Marrakech.

O primeiro destes amigables foi o pasado venres 24 fronte a Burkina Fasso, tamén en Marrakech. Gañou Marrocos (2-0), cun gran gol de Fayçal, que arrincou o choque de titular e foi substituído no minuto 88.

Kakuta viaxa de regreso á Coruña

O xogador do Deportivo Gaël Kakuta xogou onte domingo coa súa selección, a República Democrática do Congo, un partido amigable ante Kenia.

O choque disputouse no Kenyatta Stadium da cidade kenyana de Machakos. Gañou Kenia (2-1), e Kakuta, que foi titular, anotou un gran gol de falta no minuto 60 que equilibraba momentaneamente o partido.

O atacante deportivista está de viaxe de regreso á Coruña. A súa chegada está prevista para mañá martes 28 ao longo do día.