RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Emre Çolak, na antesala da Selección de Turquía

Emre Çolak está preseleccionado por Turquía para dous partidos internacionais a principios do próximo mes de xuño.

Así, o luns 5 de xuño, o equipo turco visita Macedonia nun partido amigable, que se xogará na capital, Skopje, no City Stadium.

E o domingo 11 de xuño, Turquía, en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018, mídese a Kósovo ás 20:45 (hora local), no Loro Borici Stadium da cidade albanesa de Shkoder.

A lista definitiva farase pública o próximo 26 de maio. En caso de ser convocado, Emre Çolak terá que incorporarse á concentración do equipo o xoves 1 de xuño.

Fayçal entra nunha primeira lista para os dous próximos partidos de Marrocos

Fayçal Fajr acaba de ser preseleccionado para os dous próximos partidos de Marrocos.

O primeiro destes encontros será amigable, o mércores 31 de maio ás 17:30 ante Holanda no Gran Estadio de Agadir.

O sábado 10 de xuño, Marrocos visita Camerún, en partido clasificatorio para a Copa de África que se xogará en Yaoundé.

Nos próximos días, a Federación Marroquí de Fútbol fará pública a lista definitiva.

Kakuta, preseleccionado para unha concentración do RD Congo ao finalizar a liga

A Federación Congoleña de Fútbol comunicou ao RC Deportivo a preselección do xogador branquiazul Gaël Kakuta para unha concentración do equipo nacional, que terá lugar a final deste mes en Marrakech (Marrocos). O obxectivo é o de preparar as próximas eliminatorias da Copa de África e a terceira eliminatoria clasificatoria para o Mundial de Rusia 2018.

Nos próximos días, os responsables federativos farán pública a lista definitiva así como as datas desta concentración e os posibles partidos amigables.

Na última cita do RD Congo o pasado mes de marzo, Kakuta foi titular en Kenia, e anotou ademais un bonito gol de lanzamento de falta directo, aínda que non puido evitar a derrota da selección congoleña (2-1).