RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

EMRE ÇOLAK, XOGADOR ESTRELLA GALICIA DO MES DE OUTUBRO

Este recoñecemento outorgado polo principal patrocinador do Dépor é resultado dos votos dos afeccionados deportivistas a través das redes sociais do Club. Co 58% dos 4086 votos en Twitter (@RCDeportivo) e o 55% dos 310 recibidos en Facebook (www.facebook.com/rcdeportivo), Emre Çolak leva o premio ao que optaban tamén os seus compañeiros Juanfran (24% dos votos en Twitter e 20% en Facebook) e Sidnei (18% e 25%).

Emre Çolak mostrouse moi agradecido por este premio que pon en valor o seu traballo nas últimas semanas e especialmente polo agarimo que está a recibir. Considérao un premio especial “porque o votaron os nosos afeccionados”. Por atreveuse co castelán para lanzar unhas “grazas afección”, mensaxe que tamén enviou en turco.

O rendemento de Çolak no Deportivo ata este momento (7 partidos, case 600 minutos disputados e 1 gol) supuxo ademais para el unha chamada para estar coa selección turca a pasada semana.