RCD / NOVAS

Emre Çolak: xogador Estrela Galicia do mes de setembro

  Esta mañana entregouse na Cidade Deportiva de Abegondo o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de setembro. Nesta ocasión ha recaído no mediapunta turco Emre Çolak polo seu bo traballo nos encontros que disputou en LaLiga.   

20/10/2016 16:51

Çolak acumula 416 minutos de competición en cinco encontros disputados, a metade deles no mes de setembro, momento no que se fixo por méritos propios e polas súas destacadas actuacións cun oco no once titular do Deportivo.
 
Coa entrega do galardón a Çolak  por parte de José Villanueva, responsable de patrocinios de Fillos de Rivera, arrinca esta iniciativa que, a partir do próximo mes, deixará en mans dos afeccionados do Dépor a elección do que consideren mellor xogador dese período de tempo. A través das redes sociais do Club poderán participar nunha votación popular ao final de cada mes para recoñecer o bo desempeño do persoal deportivista. 

Máis novas de: EMRE ÇOLAK, Estrella Galicia