RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Emre, sen minutos este domingo no Kósovo-Turquía

Esta fin de semana, catro xogadores do Deportivo tiveron cita coas súas respectivas seleccións nacionais.

O pasado sábado Fayçal (con Marrocos), Andone (con Romanía) e Kakuta (co RD do Congo) foron titulares. Onte domingo, a quenda foi para Emre Çolak.

Emre Çolak quedou sen minutos con Turquía

Este domingo 11 de xuño, Turquía, con Emre Çolak, enfrontouse a Kósovo (1-4), no Loro Borici Stadium da cidade albanesa de Shkoder. O partido era clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.

O centrocampista branquiazul estivo no banco e non chegou saltar ao terreo de xogo.

O pasado luns 5, a selección turca, con Emre Çolak no once inicial, visitou Macedonia nun partido amigable que se xogou na capital Skopje.

Houbo empate sen goles (0-0), e o futbolista do Dépor foi substituído no minuto 79 por Yilmaz.

Marrocos, con Fayçal, caeu en Camerún

O pasado sábado 10 de xuño, Marrocos, con Fayçal Fajr, visitou Camerún, en partido que se xogou no Estadio Omnisports Ahmadou-Ahidjo de Yaoundé, clasificatorio para a Copa de África.

Caeu Marrocos (1-0), e Fayçal xogou completo o encontro. Dispuxo o centrocampista branquiazul dalgunha boa oportunidade para marcar.

Fayçal foi titular no amigable do mércores 31 de maio ante Holanda no Gran Estadio de Agadir. Foi relevado no último minuto do encontro por Bammou. O partido levoullo Holanda por 1-2.

Florin Andone saíu de inicio en Polonia

Tamén o pasado sábado, a selección romanesa, con Florin Andone no once inicial, visitou a Polonia, en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.

O dianteiro deportivista xogou completo un partido que se saldou con triunfo polaco (3-1).

Mañá martes 13, Romanía mídese a Chile nun partido amigable que terá lugar na cidade de Cluj.

Kakuta gaña á República do Congo

O xogador branquiazul Gaël Kakuta mediuse á Republica do Congo, en partido clasificatorio para a Copa de África Camerún 2019, que se xogou no Stade des Martyrs de Kinshasa.

Kakuta foi titular e estivo sobre o campo 60 minutos. Participou activamente o atacante deportivista no triunfo do seu equipo (3-1).

O pasado luns 5 de xuño, o RD Congo disputou un amigable ante Botswana en Rabat. Gañaron os congoleños (2-0) sen Kakuta, que non chegou a saltar ao terreo de xogo, quizais pensando no partido oficial deste pasado sábado.

Choque de desgaste de Celso Borges con Costa Rica

O pasado xoves 8 de xuño (ás 4:00 de onte venres 9 en España), Costa Rica, con Celso Borges de titular, empatou con Panamá (0-0) no Estadio Nacional de San José, capital do país centroamericano.

O mediocentro branquiazul xogou o noventa minutos dun partido con moito desgaste, posto que o central costarriqueño Giancarlo González foi expulsado con vermella directa no minuto 54 de partido.

Mañá martes 13 de xuño, á mesma hora e no mesmo escenario, os 'ticos' reciben tamén a Trinidad e Tobago.

Ambos os encontros son clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.