RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Encántame o ambiente de Riazor", confesa Kakuta

Gaël Kakuta, acompañado pola tradutora Bibiana Santiso, compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

Dixo estar "moi feliz de xogar o meu primeiro partido. Non estou contento co resultado. Tería sido mellor gañar, pero imos traballar para mellorar para o seguinte partido".

Asegurou, a nivel persoal, atoparse "ben. Pero teño que seguir traballando para ter máis ritmo".

A pesar da derrota en Ipurua o pasado sábado, levou do seu novo equipo "unha boa sensación porque o equipo xoga o fútbol que a min gústame. Somos xogadores intelixentes".

Do Betis, rival do Dépor este venres 3 de febreiro en Riazor (20:45, Gol), garda Kakuta un grato recordo sendo futbolista do Sevilla: "Xoguei contra eles. E marquei un gol". Advirte que non será un partido especial para el polo feito de xogar no eterno rival bético: "Eu xogo no Deportivo. O demais é pasado".

Tras pisar Riazor defendendo as cores do Rayo Vallecano, Kakuta eloxia a súa nova casa: "É un bo estadio. Encántame o ambiente, a praia. Ten unha gran afección. Creo que vou gozar xogando alí".